Entre as actividades culturais e formativas que levan a cabo durante o ano cabe destacar:

  • Cursos de lingua e literatura galega.
  • Cursos de “bolillos”.
  • Clases de gaita, percusión e instrumentos galegos.
  • Ciclos de conferencias.

Ademais participan, frecuentemente, nas diferentes especialidades dos “Cursos de Especialización” que cada ano se celebran en Santiago, e aos que inclusive ten asistido o propio presidente actual, D. Odilo Rial Cortizo.

Como actividades recreativas celebran as festas da cidade de Alicante, do Entroido, San Xoán, Santiago Apóstolo, Magosto…, sendo estas dúas últimas as máis concurridas.

Unha vez ao mes organizan ceas de irmandade no local social.